Diseño de Mosaico: MOUNT PARNES
Neste traballo tiñamos que propoñer dous diseños, un para cada cara do mosaico que realizarán outros alumnos.
Na cara A pideusenos que representáramos o mercante grego Mount Parnes, o cal fundeu o 14 de febreiro de 1930 na Costa da Morte.
Na cara B tiñamos que representar algo relacionado con dito suceso.
Este é o barco en cuestión, do cal só nos deron 3 fotos de mala calidade, esta é na que mellor se ve:
Estas foron as ideas que fun tendo para ambas caras:
CARA A
Na cara A decidín representar o barco de xeito menos realista pero con unha forma similar á da foto e con algún elemento que penso que o caracteriza. o barco esta sobre unha ola e de fondo a bandeira grega facendo referencia á procedencia do mercante.
Esta foi a primeira proba que fixen a ordenador, pero pareceume demasiado sinxelo para o tamaño do mosaico, asique lle engadín cousas e puxen máis cores.
Este é o deseño final elixido para a cara A:
A idea é que o barco, a ola e a gaivota estean máis elevados cao fondo para xerar un pouco de volume.
CARA B
Para a cara B dinlle máis voltas á idea.
Ao principio, quería representar algo relacionado cos animais da zona na que se fundeu o barco (como os cormoráns) e os residuos tóxicos que deixou o barco ao levar manganeso.
Tamén pensei en poñer o barco fundido pero parecíase moito á cara A.
Outra idea que tiven foi algo relacionado ca flor que se lle pon aos mortos representando os mariñeiros e traballadores dos barcos afundidos nesta zona, pero non souben como integralo, ademais os pétalos parecéronme moi difíciles de facer con teselas.
Finalmente, utilicei a idea principal que tiña de poñer un paxaro marítimo, o faro de Carrumeiro Chico, lugar onde se afundeu o Mount Parnes, e a bandeira de Galicia de fondo.
Decidín engadirlle unhas bágoas negras ao paxaro que mira ao faro, simbolizando a súa dor polas mortes dos mariñeiros.
Este é o deseño final elixido para a cara B:
A idea é que o a ola e o paxaro estivesen máis elevados cao resto para intentar xerar algo de volume.
Comentarios
Publicar un comentario