Packaging de BOMBILLA



 BRIEFING

-Empaque/envase de (una)bombilla de bajo consumo.
1.Diseño de marca/modelo.
2.Envase/prototipo.

3.30W (Equivalente a 80W): Lúmenes.
Bajo consumo-Clase A energética.
10.000 horas de duración.
Código de barras.
Logos conformidad unión europea.
Temperatura de color:
Cálida/Día (neutra)/Fría.

Estes son os requisitos necesarios para o packaging:
Protección.
Transporte.
Almacenamiento.
Seducción.
Información.


Primeiro busquei as imaxes dun código de barras, do logo da conformidade coa unión europea e de non tirar á basura:







Ao final non utilicei ese código de barras que fixen nun xerador de códigos e busquei un personalizado en internet.
Estes foron algúns deseños que mirei en internet como inspiración:



 

Estes foron os bocetos que fixen para aguantar a bombilla dentro da caixa e garantir a seguridade da mesma:








Púxenlle o soporte anterior pero en vez de pegalo metino a presión para utilizar menos material:

Estes son algúns envases nos que me fixei en tendas para ver como estaban situados os elementos deste tipo de packaging:









Fun mirando os elementos que tiña que ter este envase e fun mirando como situalos:


As ideas de nomes para marcas que fun pensando foron:

-Ecopower.

-Ecolight.

-Ecobulb.

-Maxlight.

-Morelight.

-Friendly bulb.



O nome que máis me gustou foi Ecolight.


Este foi o primeiro prototipo que fixen en papel pero teríalle que axeitar as medidas ás da bombilla:







Estas son as instruccións que vou poñer en 3 idiomas, español, galego e inglés:


Bombilla bajo consumo ESPAÑOL
-Duración aproximada de 10.000 horas.
-Mantener encendida sobre dos horas al día.
-Luz regulable.


Energy saving light bulb INGLÉS
- Approximate duration of 10,000 hours.
-Keep on about two hours a day.
-Adjustable light.


Lámpada de aforro de enerxía GALEGO
- Duración aproximada de 10.000 horas.
-Manter aproximadamente dúas horas ao día.
-Luz axustable.


Estes foron outros deseños de empaquetado que fun vendo:




Imagen relacionada

Imagen relacionada




Este foi o deseño casi final que fixen, decidín poñerlle cores suaves e de tons verdosos porque o vin máis relacionado co reciclaxe e a natureza.
Na parte diante púxenlle a marca (como en todas as partes), o modelo da bombilla, o tipo de luz, as horas de duración, que é de baixo consumo, e o número de modelo de bombilla. Fixenlle un burato para poder ver a bombilla. 

Na parte traseira púxenlle o tipo de enerxía, os watios equivalentes, o logo de conformidade ca unión europea, un código de barras personalizado con árbores, prohibido tirara a basura e o símbolo do reciclaxe. Engandinlle na marxe inferior esquerda o distribuidor, o fabricante, o lugar de fabricación  e o número de lote.

Nun dos lados púxenlle unha especie de instruccións acerca da bombilla en 3 idiomas (Galego, español e inglés) e as medidas da bombilla.

No outro lado din varios motivos polos cales unha bombilla de baixo consumo é mellor ca unha tradicional. 





Finalmente, cambieille as cores por unhas que destacasen máis porque as outras non acababan de funcionar, púxenlle máis cores nas solapas da parte de arriba e de abaixo.

Onde poño o da luz día e o baixo consumo fíxenlle formas máis redondeadas e máis "divertidas" porque as outras parecíanme moi aburridas.

O fondo no que está o logo e o modelo da bombilla non tiña continuidade asique púxeno continuandose polas diferentes caras da caixa.

O modelo da bombilla púxeno seguindo a forma deste fondo.


Deste mesmo deseño, fixen unha proba en papel para ver si a plantilla que copiei de internet funcionaba, pero non encaixaba, asique modifiqueina.

Así é como quedaba antes de modificala:


Así é como quedaron os planos despois de modificalos:

Fixen unha proba en papel tamén deste modelo:








As aletas superiores que encaixan ca asa parecíanme innecesarias xa que non tería forma de pegalas desde dentro equedarían soltas, asique decidín quitalas:



Dinme conta de que para coller a bombilla había que romper a parte superior da caixa, polo que lle cambiei a parte superior:


FINAL:










Comentarios

Entradas populares de este blog

Packaging de CAFÉ