TRABALLOS TIPOGRÁFICOS
TRABALLOS TIPOGRÁFICOS
Traballos relacionados coa tipografía.
Traballo 01- Tipograma / Tipoforma
CABRA
Realicei unha imaxe figurativa utilizando como elementos gráficos as letras que
compoñen o nome desa imaxe.
Traballo 02- Caligrama de Dintorno.
Realicei
un caligrama de xeito que as palabras debuxaran unha imaxe dispoñéndoas
no interior ou silueta dunha figura.
Traballo 03- Caligrama de Contorno.
Realicei
un caligrama de xeito que as palabras debuxaran unha imaxe dispoñéndoas
ao longo do contorno (o borde ou trazo) dunha figura.
Modifiquei textos de forma gráfica para que a imaxe reforce o contido do texto dunha maneira visual.
Traballo 05- Safari Tipográfico.
Tipografías ben empregadas:
Esta tipografía paréceme moi apropiada para unha tenda de roupa, porque penso que representa ben o estilo de roupa que venden.
A carretera simulada na letra M axuda a identificar que a empresa ten relación ca condución, a tipografía é lexible e as cores quedan ben, entendese que é unha autoescola.
Gústame a imaxe que da a tipografía e o debuxo deste pub e o estilo do deseño axeitase moi ben ao estilo de música que adoitan poñer.
As letras desta tipografía son claras e leense moi ben, a cor das letras igual á da madeira da entrada dan a impresión de ser realmente un rancho.
O deseño desta farmacia é sencillo e a cor blanca de arredor da sensación de limpeza, paréceme importante dar esa imaxe nunha tenda deste tipo. o
Tipografías mal empregadas:
Creo que esta tipografía esta mal empregada porque non me da a impresión de que sexa unha empresa de publicidade, as cores e o deseño pareceríanme máis axeitados se fose un bar ou un pub.
Se non vira o escaparate, vendo este nome e esa tipografía, xamáis sabería que se trata dunha tenda de lámpadas e as letras estan deformadas, dándome unha impresión de desorden.
O logotipo axeitaríase mellor se fose unha empresa de construción ou algo semellante, non unha tenda de mobles. As cores nn quedan nada ben e o rosa paréceme demasiado chamativo.
As letras son moi simples para ser unha tenda de xoguetes e cousas dese estilo. Esa cor forte non combina ca simpleza das letras, igual quedaría mellor si a tipografía fose máis infantil, ou se tivese algo relacionado cos nenos.
A parte de que xa apenas se lle ven as letras, esas cores mezclanse entre si e non destacan as letras, costa moito lelas.
Traballo 06- Portada de Revista.
Fixen esta portada de revista de proba cunha imaxe que atopei en Internet, a cal non sei quen a realizou.
Fixen esta portada de revista cunha fotografía que realicei eu mesma.
Traballo 07- Cartel tipográfico.
Para este cartel tipográfico, decidín poñer unha canción, chámase "21 questions" (de 50 cent) e ao largo da canción vai facéndolle preguntas á persoa da que está namorado. O título da canción está resaltado en grande e as preguntas arredor, tamén puxen o nome do cantante destacado en vermello.
Operacións booleanas en Inkscape
Tamén fixen este debuxo feito só con círculos para ter unha primeira toma de contacto co Inkscape
Comentarios
Publicar un comentario