BEBIDA DE FRUTAS:
Neste logo fixen un logo para unha bebida de froitas destinada a un público xuvenil de entre 12 e 21 anos aproximadamente.
É un zumo natural 100% e ademais ecolóxico, sen azúcares engadidos.
Primeiro fixen os debuxos esquemáticos das 3 frutas que escollín para as miñas bebidas de frutas.
MAZÁ VERDE:
Esta é a mazá que puden usar como inspiración para o meu debuxo.
Este foi o debuxo que realicei.
LARANXA:
Esta é a laranxa que puden usar como inspiración para o meu debuxo.
Este foi o debuxo que realicei.
CEREIXAS:
Estas son as cereixas que puden usar como inspiración para o meu debuxo.
Este foi o debuxo que realicei.
Primeiro pensei no nome Machine con Fruit en pequeno pero trás varias probas non me convenceu como quedaba e non lle encontrei coherencia ao nome co producto que intentaba vender, estes son algunhas probas que fixen para ver como quedaba.
Os que teñen a mazan enriba parecíame que quedaba moi grande o deseño e que a froita se vía afasta do resto do logo, probei a poñelo en cursiva pero sigueu sen gustarme.
Este queda algo mellor ca o anterior, modifiquei a M para que parecese unha especie de brick de zume engadíndolle unha palla, e puxenlle o Fruit do mesmo color que a froita que utilicei. De todas formas o resultado non acabou de convencerme.
Trás pensar ben o nome decidín buscar un que tuvera relación co producto, pensei en algo con exprimir, pero non lle encontrei xogo cas letras. Púxena en inglés (Squeeze) e víaa mellor tanto visualmente como para darlle forma as letras. Este foi o primeiro boceto que fixen da palabra soa.
A tipografía que utilicei é a Century Schoolbook L.
A S debuxeina eu e suavicei os bordes para que non quedase tan tosco.
Cunhas gotas e recheando o interior da S intentei que parecese unha especie de xerra ou recipiente para verter a miña bebida de frutas.
Algo parecido a esto é o que intentei representar ca S.
Como xa ensinei ao principio, as tres froitas que escollín foron a mazá verde, a laranxa e a cereixa, e estas son 3 probas que xa me gustou máis o resultado pero aínda non son as finais.
Aparte da cor representativa de cada froita, púxenlle o debuxo simplificado (feito por min) de cada froita tentando de dar a entender que é natural, xa que a froita sae directamente da xerra, e non leva azúcares engadidos.
Púxenlles a todas un fondo gris moi claro casi branco porque ese sería a cor da etiqueta da bebida de froitas.
Seguín matizando este resultado e pensei en poñerlle unha especie de enmarque para que cadrara mellor co envase, cas formas que teñen as letras gustoume poñerlle unha forma redondeada.
Púxenlle un acabado máis redondeado e liso á S.
Quería engadirlle algo de cor as letras e puxen fruit enriba do logo, xa que o outro tamén estaba en inglés.
Probei a poñerlle a cor no fruit e nas letras principais e gustoume máis nas letras principais.
Finalmente, cambieille a tipografía das letras principais e está pareceume a axeitada, chámase Creampuff.
Este foi o resultado das 3 bebidas de froitas.
Fixen varias probas para facer un logotipo xenérico para esta bebida.
Este quedaba bastante ben, pero ao meu parecer, da a impresión de que é un zume de sandía polas cores das gotas.
Probei a invertir as cores das gotas e gustoume máis o resultado.
Decidín poñer de cores distintas que poden ser de distintas froitas tanto na S como no nome principal e as gotas, suavicei a S, engadinlle fruit e púxenlle o redondel para que encaixara mellor co envase da miña bebida de froitas.
Finalmente, este foi o logotipo xenérico escollido para a miña bebida de froitas.
Fixen un mock up para ver como quedaría o meu deseño nunha bebidad e froitas de verdade.
Fago mención ao lugar de onde saquei a imaxe base para poñer o meu deseño:
<a href="https://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis/fondo">Foto de Fondo creado por freepik - www.freepik.es</a>
Este é o logotipo xenérico da marca. Esto podería ser unha imaxe publicitaria desta bebida de frutas sen dirixirse a unha froita en específico.
Fago mención ao lugar de onde saquei a imaxe base para poñer o meu deseño:
<a href="https://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis/fondo">Foto de Fondo creado por inventsolutions - www.freepik.es</a>
Comentarios
Publicar un comentario