Anuncio de Revista: Hamburguesa Vegana

Hamburguesa Vegana

Fixen unha hamburguesa vegana de froitos secos e boteille amendoas,  noces e avelás.

Resultado de imagen de almendras, avellanas y nueces

Saquei algunhas fotos mentras as facía.







Unha vez feita a hamburguesa pola receita que nos destes, decidín facela á plancha e metela en pan con leituga e tomate.

Preparei unha especie de "decorado" formado por distintas verduras para que lle dese un aspecto máis vegano e se vise máis colorido, xa que o color da hamburguesa soa era moi apagado.

Puxen a hamburguesa nunha tabla de madeira subida nunha tapa, ainda que non se aprecie ben, para que estivera un pouco máis elevada e se vira un pouco mellor.

Fixen moitas fotos con diferentes ángulos e iluminacións para logo ter máis onde elixir á hora de facer o anuncio.





Algunhas das fotos realizadas son estas:







Editei a que máis me gustou para que tivese máis luz e se vira máis vistosa e rechamante:


A idea que quixen representar era moi sinxela pero que chamara a atención, a marca chamaríase Vegan it (que significaria algo similar a veganealo) e estaría no centro en grande.

A V do logotipo debuxeina eu e puxenlle unha das esquinas con forma de folla.

A letra escollida tanto para a marca como para o que escribín abaixo é Georgia en negrita e cursiva, menos no eslogan, que decidín poñelo sin ser en cursiva para que quedase mellor.

Puxenlle un degradado de branco a verde no fondo para que quedase menos plano.



A foto da hamburguesa alargueina un poco para que se vira máis redondeada e puxena un pouco máis clara aínda.




Esta é a que probei cas letras do eslogan en cursiva:




Este é o resultado final:




Comentarios

Entradas populares de este blog

Packaging de BOMBILLA

Packaging de CAFÉ